02

Xul

Visita guiada á exposición “Instituto Xosé Cornide de estudos coruñeses. 60 anos de cultura local”

19.00 h

Instituto José CornideO martes 2 de xullo, ás 19 h, faremos unha visita guiada á exposición Instituto Xosé Cornide de estudos coruñeses. 60 anos de cultura local.

Situada no lateral da Autoridade Portuaria, a exposición repasa os 60 anos de historia do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses. A entidade, nada en abril de 1964, conmemora deste xeito o seu aniversario, buscando dar difusión a un importante legado e un labor investigador mantido durante décadas. Comisarían a mostra a directora da entidade, Ana Romero Masiá, xunto a María Jesús Garea e Emilio Grandío. Os paneis compilan imaxes históricas da entidade, que custodia un importante patrimonio documental e que desde a súa fundación foi un piar fundamental para promover investigacións e publicacións vinculadas coa historia da cidade, contribuíndo así ao seu mellor coñecemento e á súa máis ampla difusión.

A visita guiada será realizada por Emilio Grandío. A duración estimada é de 50 minutos.

PRAZAS ESGOTADAS!

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies