20

Mar

Os instrumentos musicais na Galiza Medieval

19.30 h

instrumentos musicais na Galiza MedievalO luns 20 de marzo, ás 19.30 h, estará connosco Francisco Luengo para falarnos dos instrumentos musicais na Galiza Medieval.

Francisco Luengo é un dos maiores especialistas internacionais de música e instrumentos medievais, a par de ser recoñecido como famoso músico e artesán e por integrar formacións cal Capela Compostelana, Doa, Grupo Universitario de Camára de Compostela, Malandança etc. A súa intervención centrarase en explicar que instrumentos eran empregados polos xograres e intérpretes da Idade Media no reino galego.

Esta palestra forma parte do ciclo O Románico: Galiza na vangarda.

Ademais desta palestra con Francisco Luengo contaremos tamén con:

  • Ramón Yzquierdo, o luns 27 de marzo, que falará sobre a catedral de Santiago na Era compostelá: a alianza do regnum e o sacerdotium para a configuración dun templo nacional.
  • Pedro Siaba, o luns 10 de abril, disertando sobre a aproximación ao románico na Costa da Morte.
  • E remataremos cunha saída programada para o sábado 15 de abril.

Se tes interese en asistir a esta palestra sobre os instrumentos musicais, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies