O luns 12 de decembro, ás 19.30, e dentro do ciclo Pensando o Futuro, Hugo López Fernández, investigador da universidade de Vigo, ofrécenos unha palestra co título Impacto da intelixencia artificial nas nosas vidas: pasado, presente e futuro.
Hugo López fará un breve percorrido sobre a historia da intelixencia artificial (IA) ata chegar ao presente e repasará os fitos máis relevantes. Así entenderemos como funcionan algunhas das técnicas máis empregadas e veremos como o mundo actual está cheo de aplicacións da IA. Repasaremos algúns dos avances científicos máis importantes que se están a conseguir grazas a ela e analizaremos o seu impacto. Acabaremos reflexionando sobre os potenciais perigos e que se está facendo ou que se pretende facer no futuro para enfrontarnos a eles.
Hugo López Fernández é profesor axudante doutor no departamento de ínformática da Universidade de Vigo. Alén de dar clases nos graos en enxeñaría e informática e intelixencia artificial, os seus intereses investigadores inclúen a análise de datos e a aplicación da intelixencia artificial, especialmente do aprendizaxe automático, a diversos problemas. Tamén é membro, e actual secretario, de InvestiGal – Rede Galega pola Investigación.
Este ciclo rematará o vindeiro luns, ás 19.30 h, con Helena Miguélez-Carballeira.
Se queres asistir, envíanos os teus datos a través deste formulario: