07

Dec

Presentación de “A invención da Gallaecia e a minaría do ouro”

19.30 h

Óscar PazosO xoves 7 de decembro, ás 19.30 h, Óscar Pazos presentará no noso local o seu libro A invención da Gallaecia e a minaría do ouro.

A obra fai un repaso ao patrimonio xeo-mineiro da Gallaecia, moito –pero moito–máis extenso e cercano do que podemos pensar. Todo o mundo sabe ou supón que hai un castro preto da súa casa, mais moita xente ten as minas galaico-romanas moito máis preto do que supoñen, as veces metidas até nas propias vilas nas que viven. É unha sorpresa xeralizada. No libro explícanse estas minas no contexto xeo-mineiro, propoñendo algunhas novas intepretacións –por exemplo, sobre os montefurados e outras obras hidráulicas, ou sobre as grandes cortas e a coñecida ‘ruina montium’–, mais sobre todo poñendo o ciclo mineiro do ouro galaico-romano no seu contesto histórico, que non foi outro que a invención da Gallaecia como parte do Imperio.

A minaría do ouro, que puido durar un par de séculos, foi fundamental no paso da civilización castrexa pre-romana á Gallaecia romana, e permite explicar moitas cuestións da romanización, da provincialización da Gallaecia e mesmo da súa supervivencia ao Imperio co que naceu e do que partida a principios do século V, para formar a máis primeira nación latina do occidente, a única provincia do Imperio romano que conservou a súa identidade até hoxe.

Óscar Pazos Rodríguez é xeólogo pola universidade de Uvieu. Nado en Vigo en 1967, empezou a investigar a minaría do ouro galaico-romana hai xa uns dez anos. En 2018 publicou A invención da Gallaecia e a minaría do ouro, do que en 2023 se publicou nova edición ampliada, que é a que agora se presenta. Organiza e guía andainas e visitas polas minas galaico-romanas do país e colabora no rescate e promoción dese inmenso patrimonio semi-esquecido. Destas actividades dá conta na web A Terra Douro. Tamén é obra súa Madrid es una isla (Los libros del Lince), e dende 2017 publica un caderno de intereses e periodicidade variable, o último en 2022, titulado O Colapso. 5o anos da publicación de The limits to Growth.

Se queres asistir a esta presentación envíanos os teus datos a través deste formulario:

Erro: Formulario de contacto non atopado.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies