15

Mar

Ciclo de cinema Palestina Libre: Sesión Jocelyne Saab, 2

19.00 h

Beirut, a miña cidade. Jocelyne SaabO venres 15 de marzo, ás 19.00 h, e dentro do ciclo de cinema para dar visibilidade ao conflito palestino, teremos unha nova sesión na que continuaremos poñendo o foco na directora Jocelyne Saab.

Nacida en Beirut en 1948, Jocelyne Saab empezou a traballar a comezos dos 70 como xornalista e reporteira de guerra e axiña iniciou unha espléndida carreira como directora, principalmente no ámbito do documental aínda que tamén realizou algunhas ficcións. Como muller politicamente comprometida prestou atención á causa palestina e o seu impacto directo no seu país, O Líbano, ao longo de diversas curtametraxes que veremos na A. C. Alexandre Bóveda en dúas sesións monográficas nos meses de febreiro e marzo coa colaboración da Association Jocelyne Saab [https://jocelynesaab.org/], entidade sen ánimo de lucro comprometida coa preservación e posta en valor do legado fílmico e artístico da cineasta, falecida en París en 2019.

Nesta sesión proxectaremos as seguintes curtas (en versión orixinal con subtítulos en galego):

  • Beirut, a miña cidade (1982). 37 min. En xullo de 1982 o exército israelí cercou Beirut. Jocelyne Saab viu arder a súa casa e 150 anos desapareceron convertidos en cinzas e fume. A directora faise entón unha pregunta: cando comezou todo isto? Cada lugar converterase entón nunha historia e cada nome nun recordo.
  • A infancia da guerra (1976). 12 min, Poucos días despois do masacre de Karantina, nun barrio pobre de Beirut de maioría musulmá, Jocelyne Saab segue as nenos e nenos superviventes, marcados polas horríbeis visións dos combates que tiveron lugar ante os seus ollos. Ao ofrecerlles lapis para debuxar e animalos a xogar baixo a mirada da súa cámara, a directora atópase ante un feito amargo: xa non coñecen outro xogo ca o da guerra.

Esta actividade realízase en colaboración con SUGxPalestina, BDS e o Grupo de Igualdade da Facultade de Ciencias da Educación da UDC.

Se queres asistir a esta sesión envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies