05

Out

Presentación de “Joseba Azkarraga, la libertad y los derechos humanos como objetivo”

19.30 h

Joseba AzkarragaO mércores 5 de outubro, ás 19.30 h, terá lugar a presentación do libro Joseba Azkarraga, a liberdade e os dereitos humanos como obxectivo da autoría de María del Olmo. O acto contará coa presenza de David Soto, membro de Esculca, ademáis da autora e do propio Azkarraga.

O libro recolle a intensa biografía política de Joseba Azkarraga, político vasco, actualmente portavoz da Rede Cidadá Sare de apoio aos dereitos dos presos e das presas vascas. En 1979 foi escollido deputado do PNV por Álava. Entre 1982 e 1986 foi senador, durante esa etapa tivo un papel relevante na reinserción e excarcelación de preto dun cento de presos pertencentes a ETA, que se acolleron á denominada “Vía Azkarraga”. En 1986 volveu ser escollido deputado nas listas do PNV por Guipúzcua, para pasar ao Grupo Mixto en 1987, ao producirse a escisión do PNV que deu orixe a Eusko Alkartasuna (EA), formación pola que en 1989 foi reescollido deputado. Como membro de EA formou parte do Goberno Vasco presidido por Juan José Ibarretxe. O seu primeiro cargo foi como Conselleiro de Ordenación Territorial, Vivenda e Medio Ambiente, e, posteriormente, foi Conselleiro de Xustiza, Emprego e Seguridade Social, desde setembro de 2001 ata maio de 2009. A extensa traxectoria política de Joseba Azkarraga caracterizouse pola loita súa loita pola liberdade e os dereitos humanos.

Facemos este acto en colaboración coa Fundación Galiza Sempre.

Se queres asistir, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Erro: Formulario de contacto non atopado.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies