10

Out

Kariatid: a muller creadora na historia da arte

19.30 h

O luns 10 de outubro, ás 19.30 horas, Manuel F. Castro falaranos de Kariatid: a muller creadora na historia da arte.

CariátidesUnha cariátide é una columna con figura de muller, a que, axudada por outras columnas-mulleres, sosteñen coas súas cabezas a parte superior do templo. Elas sosteñen as máis pesadas cargas.

Pois ben, a figura da muller como creadora visual na Historia da Arte foi semellante á dunha cariátide. Elas tiveron que soportar moitas cargas, humillacións e vexacións. E para amosalo imos realizar esta charla.

E xorden moitas preguntas ás que tentaremos responder: Por que non se coñecen moitas mulleres artistas na Historia da Arte? Por que non apareceron –ata hai pouco tempo– nos libros da Historia da Arte ‘oficial’? Que prexuízos poderían existir para que isto fose así? Por que as mulleres non tiveron acceso aos estudos artísticos ao longo da historia? E por que non están presentes, na proporción adecuada, en moitas coleccións dos grandes museos? (Veremos datos –non opinións– que serán demoledores).

Asegúroche que en moitos momentos coas respostas quedarás coa boca aberta e abraiad@…

Manuel F. Castro é licenciado en Belas Artes, profesor e investigador incansable de temas relacionados co mundo da Arte, así como artista plástico, deseñador gráfico, fotógrafo e realizador de vídeo.

Se queres asistir, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Erro: Formulario de contacto non atopado.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies