O xoves 2 de marzo, ás 19.30 h, e dentro do ciclo Outras historias de cinema, Martin Pawley falaranos de Kinuyo Tanaka, actriz e directora pioneira.
O peso cultural e económico do cinema estadounidense converteu en referencias universais para varias xeracións nomes de cineastas e intérpretes que entendemos como “clásicos”. Cando pensamos en grandes actrices veñen á memoria de inmediato Bette Davis, Barbara Stanwyck ou Katharine Hepburn, mais na cultura popular non están nin moito menos tan presentes figuras igualmente indiscutíbeis doutras cinematografías. É o caso da xaponesa Kinuyo Tanaka, actriz emblemática na obra dun dos grandes xenios do cinema, Kenji Mizoguchi, que traballou con outros nomes maiores daquel país coma Yasujiro Ozu, Akira Kurosawa ou Mikio Naruse. Mais para alén das súas formidábeis actuacións Kinuyo Tanaka foi unha directora pioneira cuxa obra como autora detrás das cámaras ten agora, por fin, o xusto recoñecemento.
Martin Pawley é crítico de cinema, programador e produtor.
Se desexas asistir, envianos os teus datos a través deste formulario: