29

Xul

Proxección de “La battaglia di Algeri”

19.30 h

La battaglia di AlgeriO xoves 29 de xullo, ás 19.30 h proxectaremos o filme La battaglia di Algeri [1965], dirixido por Gillo Pontecorvo. A proxección enmárcase dentro do mini-ciclo de cinema sobre resistencias coloniais, organizado polo Colectivo Pedro Galán.

Ali La Pointe (Brahim Hadjadj) é un ladrón analfabeto cun longo historial delituoso, que malvive nas rúas de Alxer. Tras ser detido, nun dos seus ingresos a prisión contempla dende a ventá da súa cela a execución dun preso vinculado ao nacionalismo alxeriano. Este feito faille tomar conciencia da opresión colonial francesa sobre Alxeria, e decide enrolarse despois de fuxir, na Fronte de Liberación Nacional, para rematar sendo, na fin da película, un dos seus máximos responsables.

A trama comeza polo final, situando a acción no 7 de outubro de 1957, dende onde se inicia un flashback que mostra a toma de conciencia e implicación no movemento nacionalista alxeriano do personaxe principal.

Presenta e modera: Ignacio Siota Mouzo.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies