09

Xuñ

LarLilás: un proxecto de cohousing senior participativo

19.30 h

LarlilásO xoves 9 de xuño, ás 19.30 h, coñeceremos o proxecto LarLilás, un proxecto de cohousing senior participativo para outra vellez, presentado por Nieves Rodríguez Brisaboa.

LarLilás é unha asociación sen ánimo de lucro cuxo obxectivo é desenvolver un proxecto de creación dunha comunidade cun modelo de atención integral e coidados centrado nas persoas, que poda garantir un final da vida en condicións de dignidade.

Concibida como unha alternativa aos modelos actuais de residencias e vida en soidade non desexada, LarLilás é un proxecto autoxestionado que amplía a liña do cohousing coa atención e coidado en casos de dependencia e enfermidade.

Que é o cohousing senior? Están as vivendas colaborativas abrindo novos horizontes de envellecemento activo en comunidade? Como poden incidir estas alternativas no actual modelo de residencias? Cal é a función das administracións no novo tecido que está a xerar unha cidadanía organizada?

PRAZAS ESGOTADAS!

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies