23

Feb

Lectura colectiva da obra de Rosalía

17.00 h

Día de Rosalía 2023A Asociación de Escritoras e Escritores de Galiza (AELG) e a Asociación Cultural Alexandre Bóveda (ACAB), teñen o pracer de convidar a todas as persoas da Coruña a festexar o 23 de febreiro, Día de Rosalía, coa lectura pública da súa obra.

O acto celebrarase diante do Teatro Rosalía de Castro ás 17 h.

Non é preciso inscribirse para asistir, mais si para as persoas que queiran recitar poemas.

Comezara ás 17:00, coa lectura do Manifesto do Día de Rosalía de Castro, por parte de Beatriz Maceda Abeleira. Para a edición de 2023 Carme Adán foi a persoa escollida para a redacción do Manifesto da AELG.

O lema escollido para este 2023 é: #cumpriuseaxustiza

Se desexas recitar algún texto de Rosalía, envianos os teus datos a través deste formulario:

    Uso de cookies

    Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

    ACEPTAR
    Aviso de cookies