25

Mai

Premio Jenaro Marinhas del Valle. Presentación da publicación e Lectura dramatizada

19.30 h

Lectura dramatizada do II Premio Jenaro Marinhas del ValleA Agrupación Cultural Alexandre Bóveda considerou que nun ano tan marcado pola pandemia que nos azouta, era necesario ter un xesto con aquelas e aqueles escritores que se presentaron ao premio. E por iso é que se decidiu publicar as cinco obras que se enviaron ao concurso. O Covid-19 afectounos a todos, a esta Agrupación Cultural, ao seu grupo de Teatro ACAB, ao número de participantes no II Premio Jenaro Marinhas del Valle e á cultura en xeral, así como á nosa vida privada e laboral. Por iso, é un orgullo dar á luz estas obras e dicirlles aos lectores e lectoras que este é o momento do gozo, saboreen as palabras das pezas teatrais que contén este caderno-libro, e que son da autoría de Manuel Jorge Maside, Alberto G. Aneiros, Federico Rioboo, Ana María Prado Riveiro e Julio Fernández Peláez, aos que agradecemos o esforzo da súa escrita nun ano tan complicado

O martes 25 de maio, ás 19:30 horas, no noso local na rúa Olmos 16, o grupo de teatro de ACAB realizará unha lectura dramatizada das obras Des-enlace nupcial e Sons de aldea.

As persoas que asistan ao acto recibirán de agasallo un libro coas obras publicadas do II Premio Jenaro Marinhas del Valle.

PRAZAS ESGOTADAS!

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies