14

Mai

Lectura pública no Día das Letras Galegas

12.00 h

Día das Letras GalegasComo cada ano, a AC Alexandre Bóveda e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega festexamos AS LETRAS GALEGAS cunha lectura pública. Facémolo sempre no domingo anterior ao 17 de maio.

Queremos convidarte a participar desta lectura pública das LETRAS GALEGAS 2023 o domingo 14 de maio, ás 12 h, no palco da música dos xardíns. E contaremos coa música dunhas mociñas pandereteiras.

Podes escoller de lectura un texto que queiras mais apuntámosche aquí tres suxestións:

  • Un texto de Francisco Fernández del Riego a quen se lle dedica este ano o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
  • Un texto sobre a lingua galega, actual ou clásico.
  • Un poema de Luísa Villalta, a escritora coruñesa a que, desde a AC Alexandre Bóveda, levamos tempo pedindo que se lle dedique o Día das Letras Galegas.

Anímate a vir ler. Se nos indicas que vas ler xa o “reservamos” para ti.

Para asistir como público á lectura non fai falta inscribirse. Se vés ler, por favor, fáinolo saber a través deste formulario e indicándonos, se xa o sabes, que vas ler.

    Uso de cookies

    Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

    ACEPTAR
    Aviso de cookies