23

Feb

Lectura pública da obra de Rosalía de Castro

17.00 h

Lectura pública Rosalía de Castro 2024O día 23 de febreiro é o día no que se conmemora o nacemento de Rosalía de Castro. A Asociación de Escritoras e Escritores de Galiza (AELG) e a Asociación Cultural Alexandre Bóveda (ACAB), festexan esta efeméride, un ano máis, coa lectura pública da súa obra.

Realizaremos este acto diante do Teatro Rosalía de Castro ás 17.00 h do venres 23 de febreiro. Queremos animarte a que participes na lectura lendo un texto que ti escollas de Rosalía de Castro.
Non é preciso inscribirse para asistir, mais si para as persoas que queiran recitar poemas ou ler algún texto. Así que se te animas a ler algún texto, envíanos os teus datos a través deste formulario, indicando o texto que queres ler.

    Uso de cookies

    Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

    ACEPTAR
    Aviso de cookies