16

Mai

Lectura pública de textos de Xela Arias

12.30 h

Xela AriasO vindeiro 16 de maio de 12.30 a 13.30 horas, diante do Teatro Rosalía de Castro, organizamos, en colaboración coa AELG, unha lectura pública de textos de Xela Arias, autora a que este ano se lle adican as Letras Galegas e que queremos, deste xeito, homenaxear no seu día. Tamén contaremos coa actuación de Cesar Morán, autor da música para o poema de Xela Arias Non é xusto do poemario Tigres coma cabalos, que forma parte do seu disco, Río de son e vento.

Se queredes participar no recital poético, agradecemos confirmedes asistencia e tamén o título do poema que ides ler, para así non repetir ningún. Tamén podedes escoller, se preferides, calquera outro texto da literatura galega. Debido ás restricións derivadas da pandemia da Covid-19, precisamos o voso nome, apelidos e número de teléfono, para cumprir coa lexislación sanitaria vixente. Podedes facilitarnos estes datos a través do formulario que tedes aquí. Grazas pola vosa participación para celebrar á poeta Xela Arias e o Día das Letras Galegas, xuntas e xuntos na palabra poética.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies