17

Dec

Lei do só SI é SI: unha loita sobre o evidente

19.00 h

Lei do si é siO venres 17 de decembro ás 19 h falaremos da Lei do SI é SI: unha loita sobre o evidente, con Rocío Saavedra, politóloga feminista.

A lei orgánica de garantía integral da liberdade sexual debuxa unha sociedade na que o consentemento positivo é o requisito de toda relación sexual. Deste xeito, todo acto non consentido explícitamente, sexa ou non violento, considerarase agresión. Este cambio de foco, así como as distintas ferramentas de prevención e soporte que inclúe a lei, amplía o paraugas de seguridade e apoio ás vítimas de agresións sexuais.

Nesta conversa veremos cales son os principais avances contidos na lei, sen deixar de lado os momentos e feitos que nos levaron ata ela. Porque tan importante é coñecer o resultado acadado como recoñecer a loita feminista que nos trouxo ata él, aprendendo estratexias que nos axuden a seguir empurrando nesta loita do evidente.

O acto encádrase dentro do ciclo Mulleres e realidades comúns, coordinado por Cristina Bajo, coa colaboración da Marcha Mundial das Mulleres.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies