A Mesa pola Normalización Lingüística e a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda organizan un acto público na Coruña, o mércores 22, ás 8 da tarde, para debater sobre o presente e o futuro da lingua galega. No acto detallaranse os datos recentes do Instituto Galego de Estatística nos que se constata a dificultade que existe en Galiza para poder vivir libremente en galego ou onde se confirma que a lingua propia ten cada vez menos uso entre a mocidade.
Contaremos coa participación de María Xosé Bravo, presidenta da A.C. Alexandre Bóveda, Xela Armas, directora de Abertos ao Galego e Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística.