04

Mai

Palestra arredor do espectáculo teatral “Libre coma os paxaros”

19.30 h

Libre como os paxarosO mércores 4 de maio, ás 19.30 h, organizamos no noso local da rúa Olmos, 16, unha palestra sobre o proceso de creación do espectáculo teatral Libre coma os paxaros, con Rosalía de Castro como protagonista única nun monólogo dramático que transita polas duras circunstancias que determinan a súa vida e a da maioría de galegas e galegos na sociedade do seu tempo.

María Pilar García Negro, grande estudosa da vida e da obra de Rosalía, sitúanos no contexto histórico; María Barcala, actriz que lle dá vida no espectáculo, e Xulio Lago, responsábel da dramaturxia e a dirección do mesmo, dan noticia, cada un desde a súa parcela creativa, das particularidades do seu traballo creativo. Todo baixo a coordinación do escritor Lois Diéguez.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies