21

Xul

Presentación de “O Libro Negro da lingua galega”

19.30 h

O libro negro da lingua galegaO xoves 21 de xullo, ás 19.30 h, diante da estatua de Curros Enríquez, nos xardíns da Coruña, presentamos o último traballo de Carlos Callón O libro negro da lingua galega, editado por Xerais.

Por vez primeira un libro céntrase en recoller e explicar testemuños da represión lingüística en Galiza ao longo dos séculos, coa divulgación de moitos documentos pouco ou nada coñecidos. Cos casos que nel se divulgan, desde 1480 até 1986, podemos entender como chegamos até aquí e como podemos gañar o futuro para a lingua que nos une.

Carlos Callón é profesor de Xeografía e Historia no Instituto Español de Lisboa e doutor en Estudos Lingüísticos e Literarios do Galego e do Portugués. É tamén presidente de honra da Mesa pola Normalización Lingüística. Ensaísta e poeta.

No acto participarán, ademais do autor, Francisco Jorquera, Pilar García Negro e Victorino Pérez Prieto.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies