18

Mar

Mulleres libres e libertarias. Libros a Monte

Desde as 11 da mañá

Libros a monteEste domingo día 18, desde as 11 da mañá, na Fundación Luís Seoane, celébrase a segunda edición de Libros a monte, que apela á memoria da cidade a través da visibilización das mulleres libertarias, e na que estaremos presentes. Aquí tedes o programa completo:

11:00
Apertura do LAM, Mulleres libres e libertarias. Saúdo e acollida de visitantes.

11-11:30
Roteiro virtual polas casas de acollida anarquistas do barrio das Atochas. Guiado por Beatriz Maceda Abeleira.

11:30-12:30
Presentación do documental “ARTE+MULLER+GALICIA” de Rosario Sarmiento, premio Luisa Villalta de Proxectos Culturais pola Igualdade da Deputación da Coruña.

12-12:30
Xandra a landra que quería voar. Contacontos de Mercedes Queixas Zas.

12:30-13:30
Contacontos teatralizado “Pan e chocolate”, a cargo de Saleta Fernández (Culturactiva)

12:30-13:00
Espectáculo de Maxia. Fani Triana (en colaboración coa Asociación Cultural Alexandre Bóveda).

13:00-13:30
Presentación/recital do poemario “o único lugar onde ficar inmóbil”, de Arancha Nogueira presentado por Verónica Martínez.

13:30-14:00
Presentación Mulleres Bravas da nosa historia. Intervirán: David Cortizo (Urco), (autora de María Victoria Moreno), María Reimóndez (autora de Xulia Minguillón)

XANTAR

16:00-17:00
Proxección do documentario “AS SILENCIADAS” de Pablo Ces e Aurora Marco.

16- 17:00
Obradoiro poético-visual de Paula Gómez del Valle e Antía Marante

17:00-17:30
Contacontos para crianzas libres de Lía Santiso

17:00-17:30
Susana S. Aríns fala arredor de Seique.

17:30-18:30
Obradoiro de Lorena Conde “Do poema ao trazo”.

17:30-18:00
Obradoiro de Andrea Barreira: “Onde están as libertarias?”

18:00-18:30
Contacontos Mundo de Cores de Maruxa Blanco e ONG Viraventos.

18:30-19:00
Obradoiro de Antía Yáñez

18:30-19:00
Recital poético de diversas voces

19:00
Concerto de Su Garrido Pombo

Exposición de fotografía Paula Gómez del Valle.
Mesa de venda de libros da Libraría LUME.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies