24

Nov

Algúns argumentos (non demasiado obvios) sobre as ligazóns entre cinema e ciencia

19.00 h

O venres 24 de novembro, ás 19 horas, e dentro do ciclo Pensando a Ciencia, teremos connosco a Martin Pawley que nos ofrecerá a palestra Algúns argumentos (non demasiado obvios) sobre as ligazóns entre cinema e ciencia.

Cando se fala de ciencia e cinema é moi frecuente poñer o foco principalmente, cando non unicamente, na ciencia-ficción canónica, moitas veces para sinalar os erros científicos dos relatos. Porén, o cinema ofreceu sempre moitos camiños diferentes para pensarmos a ciencia: o cinema é fillo da creación científica mais tamén inspirou creación científica, deu conta das grandes figuras e achegas da ciencia e é unha ferramenta valiosa para recoñecer a penetración social da ciencia e a tecnoloxía. Nesta sesión descubriremos que hai un universo fílmico moi amplo e rico máis aló dos buracos negros e as naves espaciais.

Martin Pawley e Jocelyn BellPara alén de crítico e programador de cinema, Martin Pawley é divulgador científico especializado en astronomía que colaborou como tal en diversos programas de radio e dende 2019 publica un artigo sobre contaminación luminosa cada mes na revista Astronomía. Gañou o premio da Federación de Asociaciones Astronómicas de España ao mellor divulgador astronómico en 2018. Entre 2007 e 2011 programou na Coruña a “Mostra de Ciencia e Cinema”, un festival especializado nas conexións entre a ciencia e o cinema.

Con esta actividade continuamos o ciclo Pensando a Ciencia, que nos traerá tamén o 28 de novembro á decana da Facultade de Matemáticas Elena Vázquez Cendón e remataremos co cosmólogo Antón Baleato Lizancos.

Se queres asistir á palestra de Martin Pawley, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies