14

Dec

Presentación de “Linguaxes Digitais”

20.00 h

Linguaxes dixitaisO venres 14 de decembro presentamos no noso local Linguaxes digitais de Clara Vidal.

«Hai un dobre sentido en todo / o que me roza os labios». É así como fica aberta a porta de dobre folla que permite a entrada a Linguaxes digitais, o primeiro poemario de Clara Vidal (A Coruña, 1992). Un conxunto de textos que se bifurca en dous corpos de poemas do mesmo xeito con que o trazo da lingua bífida se divide. Desde o equívoco á polisemia, a linguaxe das xemas convértese en algo táctil mais tamén comestible e que ten que ver co agro e co leito, unha serie de tese e antítese que bambea o poemario dun lado ao outro no elástico equilibrio da lingua. Porque nomear cada obxecto é metelo na boca e posuílo dun xeito total e primixenio, como se estes versos estivesen escritos coa lingua física, o órgano, a musculatura toda da boca, en exercicios de ximnasia e forza poética de nivel superior». Isto escribe Emma Pedreira sobre Linguaxes Digitais, o poemario de Clara Vidal.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies