05

Abr

Lois Peña Novo: o soño do desenvolvemento de Galicia

20.00 h

O soño do desenvolvemento de Galicia.Manuel Roca Cendán presenta Lois Peña Novo: o soño do desenvolvemento de Galicia.

O Instituto de Estudos Chairegos (Iesch) publica este libro neste ano, no que se cumpren 50 da morte do vilalbés Lois Peña Novo, una das figuras esgrevias das Irmandades da Fala, movemento sociopolítico e cultural que de maio de 1916 a decembro de 1931 traballou arreo polo autogoberno de Galicia e por darlle pulo á súa cultura, nomeadamente ao noso idioma propio.

Lois Peña Novo foi o principal estudoso da economía galega no primeiro terzo do século XX; estudou os seus problemas (os foros, a emigración, o atraso, a dependencia, a falla dunha fiscalidade propia ou dun Banco Público Galego…) e presentou as solucións que criu eran as máis axeitadas para que Galicia acadase un crecemento socioeconómico sostido e autocentrado, así como una xusta distribución da riqueza xerada.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies