26

Set

Luís Seoane, trazo de seu

20.00 h

Luís Seoane, trazo de seuLuís Seoane foi o quinto artista, logo do Mestre Mateo (2015), Castelao (2016), Maruxa Mallo (2017) e Alejandro de la Sota (2018), ao que se lle dedica o Día das Artes Galegas. A Real Academia de Belas Artes decidiu neste 2019, escoitando a diversas entidades que o reivindicaron, entre as que se encontraba a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, dedicar este Día das Artes Galegas a Luís Seoane. Esta é a nosa homenaxe a unha persoa que foi un dos máis importantes artistas plásticos da Galiza contemporánea, que probou fortuna en todos os xéneros literarios e que realizou un importante labor editorial, xornalístico e de promotor cultural.

Da individualidade que crea o común. De cando a periferia fai áncora no centro da cuestión. Propostas de hai tempo que nunca chegan a ser vellas. Luís Seoane leva no seu trazo esa fonda pegada inconfundible que se converte nunha identidade para o sentir catártico dun país. A elocuencia das súas imaxes sentan na mesma os termos social e deseño como testemuñas dun século que deu a volta á cunca para poñela do dereito.

Mais o máis interesante é a suma, a suma de disciplinas coas que traballan o colectivo de artistas plurais da Galiza vangardista de aquí e acolá. E de entre esa colectividade imos percorrer a  obra deste artista para que nos connte porque a diáspora da arte contemporánea galega non renunciou á súa nacionalidade senón todo o contrario.

O xoves 26 de setembro, no noso local, ás 20 horas, teremos esta palestra a cargo de Carmela Galego.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies