“Ás veces algo acaba pero algo sobrevive.
e todo se fai luz. Faise talvez diamante.”
Destaca en Luz Pozo Garza a capacidade artística de converter a experiencia vital en poesía. Pódese así reconstruír, na lectura dos seus textos, momentos biográficos que deveñen símbolos diante do misterio da vida. A poeta deixou escrito que quería contribuír ao poema total axudando a desentrañar ese misterio, cunha obra ofrecida como a forma persoal de prender unha chama, de acender unha lámpada.
O mércores 30 de novembro, ás 19.30 horas, falará sobre ese trazo característico, ilustrándoo con varios poemas, Olivia Rodríguez González, profesora de Filoloxía da UDC e comisaria da exposición “Constelación Luz. Luz Pozo Garza, poesía, arte e vida (1922-2022)” exhibida de xuño a novembro de 2022 na Biblioteca de Galicia para conmemorar o centenario da poeta.
Se queres asistir, envíanos os teus datos a través deste formulario: