#3mVouALugo!
Desde a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda chamamos a participar na manifestación nacional convocada por Galegas8M o domingo 3 de marzo en Lugo baixo o lema Por todas as mulleres, por todos os dereitos: Revolta feminista.
Esta manifestación nacional unitaria do feminismo galego, organizada por Galegas8M, sairás ás 12 horas da Porta Falsa da muralla de Lugo e servirá de axitación de cara á Folga de mulleres convocada para o 8 de marzo.
O propio venres día 8 de marzo haberá manifestacións en moitos lugares de Galiza. Na Coruña sairá ás 19:30 do Obelisco cara a fábrica de Tabacos.
Máis información:
Galegas8M
Especial 8 marzo – CIG
Marcha Mundial das Mulleres na Galiza