04

Xuñ

Manuel Fraga e a represión franquista. 50 anos como Fillo Adoptivo da Coruña

20.00 h

Manuel Fraga fillo adoptivo da CoruñaNo mes de decembro (24-12-1968) deste ano cúmprense 50 anos do recoñecemento polo Concello da Coruña de Manuel Fraga como fillo adoptivo da cidade.

Para non esquecer o papel que Manuel Fraga xogou na represión do réxime franquista organizamos esta mesa redonda, coordinada polo historiador Eliseo Fernández.

Manuel Fraga Iribarne, Ministro da ditadura franquista, nunca renegou dela e aínda no 1984 no libro de Vázquez Montalbán Mis almuerzos con gente inquietante, Fraga confesa: “Serví lealmente a Franco. Serví al Estado franquista, que fue menos totalitario de lo que se cree”.

Participantes:

Eliseo Fernández, Xosé Abad , Celsa Díaz Cabanela, Manuel Monge e Manuel Lourenzo.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies