26

Mai

Marcha cívica pola paralización das poxas dos terreos de Defensa

12.30 h

Marcha cívicaO sábado 26 de maio, organizada pola Comisión en Defensa do Común, da que a AC Alexandre Bóveda forma parte, organiza a II Marcha Cívica pola paralización definitiva das poxas dos terreos de Defensa no Campo da Estrada e do Hotel Finisterre.

A saída efectuarase desde a Porta Real ás 12,30 horas para rematar sobre as 13,30 horas no Campo da Estrada-Maestranza.

Nesta ocasión a Marcha Cívica terá tamén un carácter lúdico, xa que o recorrido será un paseo sobre as murallas da cidade, que antes era arborado e do que desfrutaban moitas persoas.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies