25

Abr

Palestra con Margarita Ledo sobre o 50 aniversario da Revolución Portuguesa

19.30 h

Margarita LedoO xoves 25 de abril, día do 50 aniversario da revolución portuguesa, recibiremos no noso local, ás 19.30 h, a Margarita Ledo Andión.

Marga Ledo ofreceranos unha palestra para falaranos da experiencia persoal e militante do 25 de abril como paisaxe amiga. Aprender os camiños pra dar a ver e a comprender o nacionalismo popular galego.

Xornalista, escritora e cineasta, polo seu activismo político e a súa militancia na Unión do Povo Galego en 1974 viuse obrigada a exiliarse en Portugal e alí é testigo da Revolución dos cravos e dos meses posteriores de efervescencia política. Nos dous anos de exilio en Portugal (1974-1976) traballou como lectora de galego na Universidade de Letras de Porto e organizou as Xornadas da Cultura Galega. Ao seu regreso, fundou e dirixiu o semanario A Nosa Terra entre 1977 e 1980.

Será presentada por Xocas Bermello, historiador.

As persoas asistentes recibirán como agasallo a revista 50 anos do 25 de abril desde Galiza, editado pola Fundación Galiza Sempre.

Non é necesario inscribirse.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies