23

Nov

María Antonia Dans, a enerxía e fortaleza dunha creadora

19.30 h

Cadro de María Antonia Dans

“Dos campesinas”. María Antonia Dans, 1963. Óleo sobre lenzo da colección Galería Arboreda.

O mércores 23 de novembro, ás 19.30 h, Rosario Sarmiento ofreceranos unha palestra arredor de María Antonia Dans, a enerxía e fortaleza dunha creadora.

Neste ano 2022 no que se cumpre o cen aniversario do nacemento de Mª Antonia Dans (Oza dos Rios, A Coruña, 1922- Madrid, 1988), reivindicar a unha creadora plástica da súa relevancia, é sen dubida unha obrigación. Mª Antonia Dans foi unha artista de éxito e recoñecemento, pero sobre todo foi unha muller comprometida coa súa condición feminina nuns tempos nos que esa actitude supoñía unha toma de conciencia e unha loita por ser ela mesma non sempre fácil.

Galicia, a cor e a idiosincrasia do campo galego están sempre presentes na sua obra. Paisaxes, pequenas escenas festivas ou portuarias… pero sobre todo, as mulleres. Mulleres campesiñas, vendedoras, pasadoras de ferro, rosquilleiras… constitúen a sua referencia creativa,  a espiña dorsal das súas obras.

Rosario Sarmiento é licenciada en Historia, critica de arte e comisaria de exposicións,  xestora cultural e especialista en coleccionismo e na historia da arte da muller en Galicia. Dirixiu o documental “ARTE+MULLER+GALICIA”, Premio “Luisa Villalta” de Cultura e Igualdade no ano 2018. É autora do recente libro, Mª Antonia Dans, publicado pola Deputación de A Coruña dentro da súa colección Grandes Artistas da Pintura.

Se queres asistir envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies