04

Xul

Visita guiada á exposición “María Casares, actriz océano”

19.00 h

María Casares actriz océanoO luns 4 de xullo, ás 19 h, faremos unha visita guiada á exposición María Casares, actriz océano. Itinerario vital dunha exiliada coa comisaria da exposición, María Lopo.

Esta mostra, no Quiosco Alfonso, de carácter divulgativo, concíbese como un achegamento integral á figura de María Casares. En palabras da comisaria, María Lopo, o seu obxectivo é dobre: homenaxear a unha das creadoras europeas imprescindibles do século XX e contribuír a descubrir e a recuperar a través da súa personalidade excepcional a memoria do exilio republicano. A exposición contén máis de 200 pezas e fotografías que trazan unha cronoloxía da vida da actriz, desde o seu nacemento na Coruña ao seu éxito como actriz no exilio francés.

PRAZAS ESGOTADAS!

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies