10

Dec

Marxismo e feminismo

20.00 h

Ciclo O marxismo no século XXI

Marxismo e feminismo

Luns 10 de decembro ás 20 h

Rosa LuxemburgoEsta palestra xirará en torno ás implicacións que para o feminismo ten a teoría marxista, especialmente o materialismo histórico, e a necesidade de artellar respostas baseadas nas condicións materiais que afectan á vida das mulleres, e non só en enfoques que priman a subxectividade dos individuos. Por outra banda, reflexionarase sobre como certa parte das teorías postmodernas atravesan o feminismo, desviándoo desta necesaria visión materialista, e polo tanto tamén do emprego do método científico e da obxectividade positivista para dar resposta ás cuestións que se nos presentan.

Iria Veiga. Médica psiquiatra, máster en Neurociencias, máster en Psicoterapia Cognitivo-Conductual. Traballadora no Hospital da Barbanza. Implicada en actividades de divulgación científica e membro do Movemento Galego de Saúde Mental.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies