24

Mai

M68 Venceremos nós. O marzo 68 galego

20.00 h

Venceremos nós

Hai 50 anos que diferentes revoltas puxeron en cuestión o statu quo existente e moitos lugares do mundo. Desde París até a República Federal Alemaña, desde Suíza a México, desde Arxentina a Italia pasando por Uruguai, Estados Unidos, Checoslovaquia ou Galiza. Cómpre saber que na Galiza, na primavera de 1968 na Universidade de Santiago tivo lugar unha revolta que foi un punto de saída para as mobilizacións dos anos seguintes, para o avance da afiliación e a organización política contra a ditadura.

Os sucesos que estouparon en marzo de 1968 en Santiago de Compostela son o resultado dun combate que viña xestando de anos anteriores e que fai que milleiros de alumnas e alumnos marchan pacificamente até a reitoría permanecendo fechados no edificio até que son desaloxados pola policía, mentres entoan o Venceremos Nós, convertido desde aquela no auténtico himno da loita.

A pulsión antifascista enchoupou as mobilizacións do marzo galego, superando o marco das reivindicacións concretas, exemplificado de xeito moi particular na influencia decisiva que van xogar no conflito as organizacións antifascistas operantes na universidade compostelá.

Nin a Universidade de Santiago, nin a sociedade galega foron as mesmas despois do 68. E para contarnos o que alí pasou e seguir co noso ciclo PENSAR XUNT@S NON, EMPURRRAR XUNT@S SI contamos con dúas persoas, alumnos da USC naquela altura, Xesús Sanxoás e María do Carme García Negro.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies