O xoves 21 de novembro, ás 20 h, Jorge García Marín, profesor de socioloxía e do Máster de Xénero da USC, ofreceranos unha palestra baixo o título Masculinidades disidentes, dentro do ciclo Para estar no mapa do mundo.
Reflexionaremos sobre a construción de novas identidades masculinas baseadas en modelos fluídos, e que non poden exercer o machismo de 24 horas, polo que necesitan a performatividade das identidades hexemónicas como recurso de supervivencia patriarcal. Brevemente repasaremos algúns destes territorios, e os habitus que seguen estruturando o patriarcado así como a necesidade de construír masculinidades disidentes.