28

Nov

Matemáticas de proximidade

19.30 h

Elena Vázquez CendónO martes 28 de novembro, ás 19.30 h, teremos connosco a Elena Vázquez Cendón que nos ofrecerá, dentro do ciclo Pensando a Ciencia, unha palestra co título Matemáticas de proximidade.

O obxectivo do relatorio é aproximar a Matemática Industrial ao auditorio partillando aplicacións desenvoltas en Galicia en temas del fluxo da auga e do gas.

A orixe está no estudo da dinámica das rías galegas, que deu lugar ao desenvolvemento do programa informático Iber. Partillarase asemade como a tecnoloxía empregada extendeuse ao problema do fluxo do gas e actualmente estase empregando no fluxo do sangue.

Elena Vázquez Cendón (Ourense, 1966) é licenciada e doutora en Ciencias Matemáticas pola USC. Forma parte do grupo de investigación en Enxeñaría Matemática da USC.. Presidenta do Proxecto Estalmat-Galicia. Decana da Facultade de matemáticas desde xuño de 2017 e membro do plenarios do Consello da Cultura Galega e Premio María Wonenburger 2022.

Se queres asistir a esta palestra, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies