19

Abr

Mellorando o uso do galego

18.00 h

Mellorando o uso do galegoNeste mes de abril comezamos un novo curso de galego, Mellorando o uso do galego, impartido por Xosé Manuel Sánchez Rei.

Desenvolverase durante 4 marte, comezando o 19 de abril e continuando o 26 do mesmo mes, e o 3 e 10 de maio, de 18 a 20 horas.

O curso está destinado para persoas que empregan o galego na súa praxe diaria e que queren aprofundar nunha mellor utilización do idioma e, por conseguinte, nunha práctica oral e escrita de calidade. Para tal propósito, desenvolveranse contidos ortográficos e fonéticos, morfosintácticos, semántico-lexicais e textuais, sempre a interaxir co público asistente e naturalmente solucionando as dúbidas que puideren xurdir nas sesións.

Xosé Manuel Sánchez Rei é profesor titular na Área de Filoloxía Galega e Portuguesa da Universidade da Coruña. Entre as súas liñas de investigación sobrancean a gramática do galego contemporáneo, a variación lingüística e a linguaxe literaria, temáticas sobre as cales ten publicado diversos libros e artigos en revistas galegas e internacionais e participado en congresos no estranxeiro.

Este curso é produto do convenio de colaboración asinado entre a ACAB e o Grupo ILLA da UDC.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies