21

Feb

Recuperarmos a memoria da Coruña a través da toponimia

19.30 h

Recuperarmos a memoria da CoruñaRelatorio a cargo de Iván Méndez López, traballador no ámbito de dinamización e normalización lingüística. Investigador.

Un dos recursos máis importantes para coñecermos a identidade pasada é a toponimia.  O relatorio tentará achegar o valor da riqueza toponímica  dun concello como A Coruña, ao mesmo tempo que ponderará a recuperación do noso nomenclátor como elo de unión co noso pasado.

Xornadas Patrimonio e Memoria

7, 14, 21 e 28 de febreiro de 2019

A actividade é de entrada libre para todo o público. Solicitada a homologación á Consellaría de Educación por 8 horas lectivas polo que os/as ensinantes asistentes, terán dereito a certificado homologado. Para iso deben inscribirse na web da Asociación Socio-Pedagóxica Galega, apartado de formación. Hai unha reserva máxima dun 30% para docentes en paro.

Organizan:

  • AS-PG
  • A.C. Alexandre Bóveda

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies