10

Mai

Memoria e cultura revolucionarias en Cuba

19.30 h

Memoria e cultura revolucionarias en CubaEn colaboración coa CIG e Mar de Lumes o mércores 10 de maio, ás 19.30 h, acolleremos un encontro con Nicolás Augusto Hernández Guillén, neto de Nicolás Guillén, e presidente da Fundación que leva o nome do escritor. É ademais licenciado en Matemáticas e un grande estudoso da cultura popular cubana. No ano 2021 o Ministerio de Cultura de Cuba outorgoulle a Distinción pola Cultura Nacional atendendo á súa destacada contribución na promoción e enriquecemento do desenvolvemento cultural do país, ademais de polo estudo e divulgación da obra literaria e do ideario político e social do poeta nacional, Nicolás Guillén, a través da fundación que preside. Nesta palestra falaranos do papel central da cultura en Cuba, do seu avó e das súas ligazóns co estado español na Guerra Civil ademais de referirse tamén á situación actual en Cuba desde o punto de vista cultural e político.

Se tes interese en asistir, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Erro: Formulario de contacto non atopado.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies