No ano 1918 sería cando se fixaría unha primeira asemblea nacional das e dos integrantes das Irmandades constituída desde 1916. Lugo sería a cidade escollida para o encontro.
Entre o 17 e o 18 de novembro do 1918 celebraríase aquela cimeira, da que se cumpre o primeiro centenario no presente ano, cualificado inequivocamente como ‘I Asambleia Nazonalista Galega’ (tamén referida comunmente como ‘Asambleia de Lugo’), encamiñada a conseguir, en palabras dos seus artífices:
“… a autonomía integral da Nazón Galega e fixar n-un programa concreto as que coidan testas solucións ôs problemas que intresan d’un xeito fondosísimo á vida nazonal da Galicia”.
O luns 19, ás 19.30 horas, no noso local social, presentamos: A memoria dun século de galeguismo. Conversa con Elvira Varela Bao. Palestra con Elvira Varela Bao, filla de Elvira Bao mestra irmandiña represariada e de Bernardino Varela un dos asinantes do Manifesto da I Asemblea Nacionalista.
Pantalla completa