Afonso Eiré presenta a súa nova novela Memorias dunha vaca marela, editada por Hércules de Ediciones.
Contaremos co autor, coa presidenta da ACAB María Xosé Bravo; o presidente de Hércules Ediciones Francisco Rodríguez Iglesias e acompañáraos Francisco de Romualdo cos seus romances de cego.
Memorias dunha vaca marela é un tratado de etnografía sobre a relación que durante séculos existiu, no mundo rural galego, entre o ser humano e o gando que lle fornecía alimentación e sustento económico. Contén tamén este relato de ficción unha certeira análise sociolóxica sobre o proceso de mudanza e indiscutíbel declive do mundo rural galego.