09

Abr

Mesa informativa sobre ALTRI

19.30 h

Altri nonO martes 9 de abril, ás 19.30 h, o Circo de Artesáns, a AC O Facho, e AC Alexandre Bóveda organizamos unha mesa informativa sobre Altri. A implantación dunha macrocelulosa que afectará ás comarcas da Ulloa e Terras de Melide cun brutal impacto negativo tanto ambiental como socioeconómico será obxecto de debate nesta mesa informativa que conta coa veciñanza e expertos en diferentes campos.

Participarán:

  • Soqui Cea, mestra, veciña de Melide.
  • Juan Castro, enxeñeiro agrónomo.
  • Xosé Luís Rivas, Mini, exparlamentario do BNG.

A instalación desta fábrica no corazón de Galiza afectará aos recursos hídricos, ao medio natural, á actividade agrogandeira e á un ben patrimonial como o Camiño de Santiago.

Esta contaminación do ar provocará “choiva aceda” afectando a saúde do solo, dos cultivos, e as especies botánicas protexidas no LIC da Serra do Careón.

Segundo denuncian os afectados, vai supor un grave impacto ao sector agrogandeiro na comarca e as limítrofes, e orixinará una irreversible presión sobre o encoro de Portodemouros, xa moi deteriorado, impedindo definitivamente o desfrute das augas para o baño e actividades náuticas deportivas. O impacto mesmo terá graves consecuencias na Ría de Arousa, véndose afectado un sector tan importante como o marisqueiro.

Dáse tamén o paradoxo de que esta empresa ,para se instalar, pretende recibir entre 200 e 250 millóns de euros de fondos europeos, cando incumpre o Plano Hidrolóxico Galicia Costa 2021-2027, as Directivas Marco e Nitratos e Habitats, entre outras.

A entrada a este acto é libre, ata completar capacidade.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies