30

Xuñ

II Festa Amergin da Poesía Atlántica: palestra e mesa redonda

19.00 h

Poesía AmerginAs actividades que organizamos a AC Alexandre Bóveda, In Nave Civitas e Xuntas polas Artes, coa colaboración do Instituto Universitario de Estudos Irlandeses Amergin da UDC, a II FESTA AMERGIN DA POESIA ATLÁNTICA comezan o venres día 30 de xuño no noso local.

Ás 19.00 h comezaremos coa palestra a cargo de Mónica Vázquez Pozo (O´Reilly): Amergin: Ponte do patrimonio cultural entre Galiza e Irlanda.

Os manuscritos irlandeses da Idade Media, Leabhar Gabhála Éireann (século XII), acreditan un contacto socio-cultural entre a Galiza e Irlanda que chegan á cume co asentamento dos galegos na illa até hoxe en día. A través do galego Amergin do clan gaélico milesian de Breogan, faremos un percorrido antropolóxico contrastando a historia e literatura galegas e irlandesas.

Monica Vázquez Pozo é Doutora en Estudos Literarios pola UDC. Maestría de investigación: “Master of Arts”, pola Dublin City University (DCU), Irlanda.

Ás 20 h teremos unha mesa redonda sobre Poesía e Natureza en Amergin, coa participación de:

  • Antonio Sandoval, escritor e naturalista.
  • Anthony Quinn, periodista e novelista irlandés.
  • David Clark, director do Instituto Universitario de Estudos Irlandeses Amergin da UDC.
  • Antonio de Toro, Profesor Emérito da UDC.

Lembrade que esta actividade complétase cun roteiro e unha festa da música e a poesía o sábado, día 1 de xullo, a partir das 21 h na praia do Areal (tamén chamada praia das Lapas)

Se queres asistir a esta palestra e mesa redonda, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies