16

Nov

Mil vidas: María Casares e as pezas teatrais que marcaron unha carreira

19.30 h

Ernesto IsO mércores, 16 de novembro, ás 19.30 horas, Ernesto Is ofrécenos unha palestra baixo o título Mil vidas: María Casares e as pezas teatrais que marcaron unha carreira.

Ernesto Is ofrecera un repaso por aqueles textos dramáticos de especial importancia na traxectoria profesional da actriz coruñesa, vencellándoos con momentos concretos da súa biografía persoal. Desde Koltès a Camus, pasando por Valle-Inclán, Genet, Alberti ou Federico García Lorca.

Ernesto Is (Xixón, 1988) é dramaturgo, profesor de artes escénicas, narrador oral e dinamizador cultural. Membro do consello de redacción da erregueté | Revista Galega de Teatro, colabora coa revista de ocio cultural A Movida. No ano 2016, gaña, ex aequo, o Premio ‘Abrente’ da MIT de Ribadavia coa obra Fendas. En 2017, obtén o Premio ‘Rafael Dieste’ de Textos Teatrais da Deputación da Coruña con Despois das ondas, monólogo sobre a actriz franco–galega María Casares. Volve gañar o ‘Abrente’ con Profetas na edición de 2021. Participa no VI Programa de ‘Dramaturgias Actuales’ do INAEM en 2017, dando como resultado o texto El hombre que soñaba con elefantes en las estrellas. No 2018, forma parte do grupo de traballo para a escrita teatral ‘DramaturXa’ do Centro Dramático Galego, no que desenvolve a peza Onde veñen morrer as baleas baixo a coordinación de Manuel Lourenzo. En 2020, os teatros de Euskadi seleccionan o seu proxecto Canciones amarillas para flores tristes no programa ‘Antzerkigintza Berriak’ de novas dramaturxias. En 2021, escribe a peza de teatro documental Relato para un incendio ao abeiro da primeira ‘Bolsa de dramaturxia e creación’, impulsada pola Agadic a través do Centro Dramático Galego. Membro e fundador de Feira do Leste (Exilio das Moscas e Tras Tannhäuser —axudas á Creación Joven do INJUVE—), ten escrito textos tamén para as compañías Señora Supina (Hotel Europa) e Inversa Teatro (O Péndulo, coescrita xunto a Marta Pérez).

As persoas asistentes levarán como agasallo o tríptico que sobre María Casares elaborou a súa biógrafa, Arancha Estévez, e que publicamos na sección Muller(es) de Palabra da nosa web A Coruña das Mulleres.

Se desexas asistir a esta actividade, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Erro: Formulario de contacto non atopado.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies