28

Feb

Visita guiada á exposición “MMXXIII Cabanas”

19.00 h

MMXXIII CabanasO Concello da Coruña organiza unha exposición de homenaxe, no décimo aniversario do seu pasamento, a figura do pintor coruñés Xaime Cabanas, referencia da vangarda cultural galega.

O corpus de obra está formado por cesións de obra pictórica de gran formato procedente das máis importantes coleccións privadas e públicas e principalmente do legado familiar. Son aproximadamente noventa obras de gran formato, aínda que a mostra lle dedica especial importancia tamén aos numerosos bosquexos e pequena obra en papel que figura en arquivos particulares e na súa propia familia, xa que se poden contemplar un total de 124 destas pequenas pezas.

Integrada na mostra hai unha exposición fotográfica sobre Cabanas onde se pode ver o seu estudo e como o retrataron os fotógrafos Juan Rodríguez, Xoan Piñón, Xurxo Lobato e Vari Caramés.

A mostra está distribuída entre o Quiosco Alfonso e Palexco.

O martes 28 de febreiro, ás 19 horas, organizamos unha visita guiada a esta exposición, MMXXIII Cabanas, da man de Tonecho Otero, xestor e mediador cultural.

PRAZAS ESGOTADAS!

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies