01

Abr

Ah dos Vitoriosos! O Monumento a Curros Enríquez. 1928-1934

19.30 h

O Monumento a Curros Enríquez. Fotografía: Iria-Friné Rivera Vázquez.

O Monumento a Curros Enríquez. Fotografía: Iria-Friné Rivera Vázquez.

O 1 de abril é o Día das Artes Galegas que neste 2024 se dedica a Francisco Asorey. Para celebralo, organizamos nese día, ás 19.30 h, unha palestra a cargo de Iria-Friné Rivera, que nos fará un achegamento ao monumento a Curros, nos Xardíns de Méndez Núñez, do escultor Asorey.

Semellante a un bardo no cumio dunha montaña entre antas, Manuel Curros Enríquez foi retratado por Francisco Asorey neste monumento. Un proxecto concibido como homenaxe ao poeta á súa morte por vontade da sociedade galega en América e Galicia. Este conxunto escultórico e arquitectónico -construído entre 1928 e 1934-, posúe vastas influencias de artistas galegos e europeos. Sendo así este ano 2024 o seu 90 aniversario, e á vez o ano Asorey, esta obra elévase co seu pouso histórico como un dos estandartes triunfais da arte galega.

Iria-Friné Rivera Vázquez é historiadora da Arte. Membro do padroado da Fundación Luís Seoane (A Coruña) e da Fundación Vicente Risco (Allariz).

As persoas que nos acompañen levarán de agasallo un tríptico sobre Francisco Asorey realizado por Iria-Friné Rivera. Tamén podes descargalo en formato PDF desde aquí.

Se queres asistir a esta palestra, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies