29

Xuñ

Visita guiada á exposición “Moscoso Cosmos. O universo visual de Víctor Moscoso”

19.00 h

MOSCOSO COSMOSO martes 29 de xuño, ás 19 h, organizamos unha visita guiada á exposición Moscoso Cosmos: O universo visual de Víctor Moscoso.

Esta exposición, na Fundación Luís Seoane, trae ao noso país unha ampla selección do traballo dun dos deseñadores gráficos máis orixinais e influíntes do século XX e é a maior exposición retrospectiva do autor ata hoxe. A presente mostra reúne a célebre serie de carteis de rock psicodélico realizados en apenas oito meses durante os anos 1966 e 1967 e números da revista underground Zap Comix, editada ao longo de corenta anos con artistas como Robert Crumb ou Rick Griffin. Xunto a estes dous eixos, inclúese outra selección de carteis, cubertas de discos, cómics, ilustracións para libros e revistas, animacións e fotografías biográficas que completan un percorrido marcado por imaxes icónicas da segunda metade do século XX.

Victor Moscoso, nado en Oleiros en xullo de 1936, é un artista estadounidense, recoñecido pola súa produción psicodélica e cómics underground nos anos 60 e 70 en San Francisco.

Guiará a exposición Tonecho Otero, xestor e mediador cultural con 20 anos de experiencia. Licenciado en Historia da Arte, na especialidade de Contemporánea, está especializado no deseño e implementación de programas educativos para exposicións, coleccións e todo tipo de eventos culturais. Dirixe ademais o Festival de Cinema Fantástico da Coruña, FKM.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies