05

Out

A Coruña e o cinema. Mudar de Vida

19.30 h

A Coruña e o cinema: Os verdes anosO xoves, día 5 de outubro, ás 19.30 h, e dentro do ciclo Outras historias do Cinema, Martin Pawley ofrécenos a palestra A Coruña e o Cinema: Mudar de Vida.

A chegada do son supuxo unha transformación radical na creación e exhibición de cinema en todo o mundo. O éxito dos filmes falados (e ao inicio, sobre todo, cantados) provocou unha rápida mudanza nas salas que tamén se viviu na Coruña. A II República trouxo a esperanza dun tempo novo que foi esmagado polo golpe de estado do 36 e o inicio dunha ditadura que trouxo consecuencias para a creación de filmes para alén da máis obvia, a censura. Na cidade, coa apertura de novos cinemas, iníciase un período de esplendor para a exhibición que se estende nas décadas dos 50 e 60. Nesta segunda sesión repasaremos este tempo de cambios na arte e no negocio do cinema.

Martin Pawley é crítico de cinema, programador e produtor.

Se desexas asistir a esta palestra, envianos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies