Se hai unha ciencia na que a pegada das mulleres foi decisiva en diversos momentos da historia, esa é a astronomía. É o caso das pioneiras Caroline Herschel e Maria Mitchell, ou o traballo fundamental para a astronomía moderna das calculadoras de Harvard, con nomes lendarios coma Williamina Fleming, Annie Jump Cannon, Antonia Maury ou Henrietta Leavitt. E canda elas, Cecilia Payne, Vera Rubin ou a nosa Antonia Ferrín. Durante dúas sesións en outubro repasaremos as traxectorias vitais e científicas destas mulleres extraordinarias, merecedoras dun recoñecemento que non sempre tiveron.
As sesións serán os luns 8 e 15, ás 20 horas, a cargo de Martin Pawley, da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío.