15

Out

Muller e ciencia: E se falamos de astronomía? (2ª sesión)

20.00 h

Antonia FerrínSe hai unha ciencia na que a pegada das mulleres foi decisiva en diversos momentos da historia, esa é a astronomía. É o caso das pioneiras Caroline Herschel e Maria Mitchell, ou o traballo fundamental para a astronomía moderna das calculadoras de Harvard, con nomes lendarios coma Williamina Fleming, Annie Jump Cannon, Antonia Maury ou Henrietta Leavitt. E canda elas, Cecilia Payne, Vera Rubin ou a nosa Antonia Ferrín. Durante dúas sesións en outubro repasaremos as traxectorias vitais e científicas destas mulleres extraordinarias, merecedoras dun recoñecemento que non sempre tiveron.

Despois do luns día 8, esta é a segunda sesión, a cargo de Martin Pawley, da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies