01

Dec

A muller na fotografía galega

19.30 h

O mércores 1 de decembro ás 19.30 h Carlos Castelao ofreceranos a palestra A muller na fotografía galega. Pioneiras recuperadas para a nosa historia.

A muller ten sufrido ao longo da breve historia da nosa fotografía unha inmerecida invisibilidade. Os homes, tradicionalmente, nesgaron e atribuíronse o resultado do seu traballo e mesmo dos seus éxitos. O desleixo pola obra das nosas primeiras fotógrafas comeza agora a ser reparado e os seus nomes a ser relembrados. As súas fascinantes historias espertan por fin para servirnos de exemplo.

Carlos Castelao é fotohistoriador especializado nos pioneiros da nosa fotografía, é autor, entre outros escritos, de As orixes da fotografía en Galicia (Alvarellos Editora / Consorcio de Santiago, 2018). Obra esencialmente didáctica, que achegou ao público a fotografía dos precursores que se desenvolveron pola Galicia do século XIX, mereceu os premios Antón Losada Diéguez 2019 e Ramón Baltar Feijóo 2020, así como ser finalista dos Mondoñedo10 2019 ao mellor ensaio da década en galego.

Poñente nas IV Xornadas Nacionais de Historia da Fotografía, en breve vai publicar, nunha coedición da USC e Alvarellos Editora, a primeira biografía sobre o fotógrafo europeo por excelencia, Jules David-Cavaz, e sobre a súa presenza en Galicia e, particularmente, na Coruña.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies